Ingredientes para 4 persoas:
- 450gr. de pescada
- Sal e aceite
- Auga
- Ovas de ourizo
- Nata culinaria
- 1 Ramillete de codium
- 200gr. de grelos
Limpamos a pescada e seleccionamos catro lombos. Nunha sarten cunha cullerada de aceite de oliva e un chisco de sal marcamos os lombos por ambos os lados. Feito isto, botamos un vasiño de auga na tixola, baixamos o lume a mínimo e tapamos para que se coza durante 5 minutos.
Cortamos bastante o feixe de grelos e os poñémolos a cocer nunha cacerola cun vaso de auga e sal. Unha vez que están cociñados, escorrémolos.
Poñemos unha tixola cunha cullerada de aceite de oliva e pasamos lixeiramente os grelos.
Para a prebe botamos nunha cacerola as ovas de ourizo, a nata culinaria e o codium. Levamos a ebulición removendo constantemente, apagamos o lume e trituramos coa batedora.
Empratamos colocando un feixe de grelos aos que regamos cun par de culleradas xenerosas de prebe e rematamos colocando o lombo de pescada.
Bo proveito!